Según di o periódico este e o sexto anuncio de ampliación do hospital de Burela que fai o presidente da Xunta,Feijoo.Facendo memoria creo que o tema da ampliación xa ía no programa do PP cando Feijoo ganou as súas primeiras eleccións á Xunta de Galicia,cinco anos pasaron desde aquela e a única ampliación que se fixo no hospital foi a de poñer uns containers donde se pasan algunhas consultas,o mais normal do mundo…
Despois de ler en prensa as opinións de Jose María Gonzalez Barcia (alcalde de Burela) e Jose Manuel Barreiro (presidente provincial do PP) non puiden resistirme a escribirlles unas palabras.
Señores Barreiro e Barcia,declaracións como as deste fin de semana sobre a cacerolada de Burela “queren ganar nas rúas o que non conseguiron nas urnas” son as que demostran que vivides nunha realidade paralela á actual.
Non vos enterades de que a xente protesta nas rúas por que non fixestes casi nada do que prometestes ante as urnas,non cumprides o prometido e o peor e que cando o prometestes xa sabiades que non o podiades cumprir,polo tanto,mentides.
Mentides para ganar eleccións e seguides mentindo para mantervos no cargo.
Enchedes os vosos actos políticos de antidisturbios que provocan mais ira que paz para así poder acusar de violentas as manifestacións de todo o que se mostre en contra das vosas decisións,inda que sexan inxustas,e acusades a todo aquel que se manifesta de pertencer a agrupacións políticas que non están no poder cando o que realmente pasa e que a xente sae á rúa (e a ninguén lle apetece un carallo protestar na rúa podendo estar nas cousas de cada un,quede claro) a queixarse polo tipo de políticas que facedes os que estades no poder,non protestamos contra o PP,protestamos contra todo o que consideramos inxusto sen mirar a cor política do que toma as decisións,basta recordar ó 15M,precursor moderno das protestas pacificas deste país e que xurdiu en pleno goberno socialista.
A xente que protesta na rúa non quere políticos partidistas,non quere políticos que obedezan ordes de partido que lles mandan desde arriba sen cuestionarse o boas ou malas que poden ser para a sociedade,políticas electoralistas que son pensadas para o beneficio político e non social,políticas que non miran á rúa senón ó voto.
Pódese enganar a moita xente durante moito tempo pero non a todo o mundo para sempre,aproveitade o pouco tempo que vos queda nese siliño tan cómodo por que vos queda pouco nel.