Traductor

jueves, 7 de marzo de 2013

HOSPITAL DA COSTA

Según di o periódico este e o sexto anuncio de ampliación do hospital de Burela que fai o presidente da Xunta,Feijoo.Facendo memoria creo que o tema da ampliación xa ía no programa do PP cando Feijoo ganou as súas primeiras eleccións á Xunta de Galicia,cinco anos pasaron desde aquela e a única ampliación que se fixo no hospital foi a de poñer uns containers donde se pasan algunhas consultas,o mais normal do mundo…

Despois de ler en prensa as opinións de Jose María Gonzalez Barcia (alcalde de Burela) e Jose Manuel Barreiro (presidente provincial do PP) non puiden resistirme a escribirlles unas palabras.
Señores Barreiro e Barcia,declaracións como as deste fin de semana sobre a cacerolada de Burela “queren ganar nas rúas o que non conseguiron nas urnas” son as que demostran que vivides nunha realidade paralela á actual.
Non vos enterades de que a xente protesta nas rúas por que non fixestes casi nada do que prometestes ante as urnas,non cumprides o prometido e o peor e que cando o prometestes xa sabiades que non o podiades cumprir,polo tanto,mentides.

Mentides para ganar eleccións e seguides mentindo para mantervos no cargo.
Enchedes os vosos actos políticos de antidisturbios que provocan mais ira que paz para así poder acusar de violentas as manifestacións de todo o que se mostre en contra das vosas decisións,inda que sexan inxustas,e acusades a todo aquel que se manifesta de pertencer a agrupacións políticas que non están no poder cando o que realmente pasa e que a xente sae á rúa (e a ninguén lle apetece un carallo protestar na rúa podendo estar nas cousas de cada un,quede claro)  a queixarse polo tipo de políticas que facedes os que estades no poder,non protestamos contra o PP,protestamos contra todo o que consideramos inxusto sen mirar a cor política do que toma as decisións,basta recordar ó 15M,precursor moderno das protestas pacificas deste país e que xurdiu en pleno goberno socialista.

A xente que protesta na rúa non quere políticos partidistas,non quere políticos que obedezan ordes de partido  que lles mandan desde arriba sen cuestionarse o boas ou malas que poden ser para a sociedade,políticas electoralistas que son pensadas para o beneficio político e non social,políticas que non miran á rúa senón ó voto.

Pódese enganar a moita xente durante moito tempo pero non a todo o mundo para sempre,aproveitade o pouco tempo que vos queda nese siliño tan cómodo por que vos queda pouco nel.

viernes, 19 de octubre de 2012

O Voto



O galego,ese humán dócil e acomodado políticamente,ese espécimen que ten como doctrina política aquelo de “mellor malo coñecido…”esa xente que protesta nos bares e se manifesta nas rúas pero que moi rara vez se decide a facer cambios nas urnas.


Politicamente acomodados,asi creo eu que nos ven desde Cataluña ou o País Vasco,comunidades que envidiamos polo peso especifico que teñen no governo central, ganado sobre todo a base dun bo traballo dos “partidos nacionalistas”,eses mesmos partidos que en Galicia nos din que están dirixidos por “tolos independentistas” que só pensan na toleria da independencia e aos que lles temos tanto medo cando ao que realmente lle hai que ter medo e ao novo nacionalismo español que comeza por  “españolizar catalans” e xa veremos como remata…
 
Asi somos os galegos,loámos lemas ¡¡¡vivamos como galegossss!!! para despois entregar o poder a partidos “nacionalistas españois” que só miran de gañar eleccións e non de arranxar os problemas reais das persoas.


País donde triunfan mediocres políticos cabeza de turco tipo Rajoy ou Pepe Blanco e deixamos de lado arietes intelectuais coma Beiras.


Din que estamos en tempos de gran desafección política,o cal non extraña a ninguén vendo a lista de ladróns e corruptos de todas as cores políticas que rondan España,ainda asi creo que queda xente honrada e con ganas de cambiar as cousas,so necesitan que creamos neles e demostremos esas crenzas votando coa conciencia do que quere cambiar algo,sen mirar as cores dos partidos e si o que proponen,eu polo menos asi o farei,e podedes estar seguros de unha cousa o modelo PPSOE está queimado,obsoleto,acabado,ese dualismo político ten que rematar,polo ben do pobo.


Pd.-Entre un medico (P. Vazquez),un licenciado en xeografia e historia (Jorquera),un abogado (Feijoo) ou un economista (Beiras) que queredes que vos diga,contra a crise económica contrato economistas…

viernes, 27 de abril de 2012

NON SE ENTERAN

Despois de ver un amplo resume da xornada de debate sobre os presupostos xerais do estado,a impresión que a min me dan e exactamente a mesma que antes do cambio de goberno,o partido que esta no poder mantén a liña de suficiencia que lle dan os 12 millóns de sufraxios das ultimas eleccións,gobernan con esa altivez que dan as maiorías absolutas e que recordan a tempos de Aznares e Zaplanas ,vense co dereito de tomar as medidas que queiran por que os votos asi o dixeron,o pobo deulles o poder para facer os cambios que consideren necesarios,ainda que non sexan xustos coa gran maioria.
E a historia de sempre,temos o que merecemos...

Mentres o principal partido na oposición fai os aspaventos que pode,pero coa pouca confianza de quen non ten o apoio nin dos votantes nin dentro do seu partido e moi dificil que teña éxito,sobre todo pola falta de credibilidade que deixou nos votantes de esquerda cos seus movementos de veleta desde a vicepresidencia do goberno ata a oposición pasando polo periodo electoral.Cada critica ou proposta que fai ao goberno con razón ou sen ela so anima a que lle poidan botar en cara os últimos 4 anos de desgoberno dos que efectivamente,en parte e responsable.
Tamén teño a impresión de que ao PSOE agora mesmo non lle interesa facer moito ruído xa que non hai eleccións ata o ano que ven que serán as autonómicas galegas e as próximas xerais quedan moi lonxe.

Outra impresión que dan os PP/PSOE e a de estar sempre en periodo electoral.


Escoitado en radio foz durante a emisión do pleno do concello,proposta do BNG para que non entren nos recortes da Xunta de Galicia as probas do Celga que ata o de ahora se facian por Europa e America.(A discusión deste tema entre PP,PSOE e BNG,de pelicula de Cantinflas…)

¿De verdade pensan que estan entre as preocupacións da xente de un pequeño pobo os exames do Celga no extranxeiro?
 eu creo que non,pero esta so e outra proba de que ata os politicos locais se atopan lonxe dos problemas reais da xente.

Resulta indignante ver o alonxados que están os políticos españois da autentica realidade social pola que estamos pasando.

Cando empecei a escribir este artigo tiña a intención de falar do lonxe que están os políticos do realmente importante.(Foiseme un pouco o tema)

Parece que non se queren enterar de que hai 5 millóns de parados con verdadeiros problemas para chegar a fin de mes,que hai moita xente e moitas pequenas empresas coa auga ata o pescozo e que coas medidas que están tomando dentro de pouco so nos vai quedar respirar polo nariz por que a auga,a moitos,xa lles chega a boca.



jueves, 1 de marzo de 2012

O Gran Timo


Leendo esta maña o suplemento da mariña da voz de Galicia atopeime con unha carta escrita por Daniel Chao que se titulaba “un xubilado indignado”.

Nesa carta o señor Chao mostra o seu malestar coas mentiras de Rajoy que a pesares de haberse comprometido antes e despois das eleccións a non tocar as pensións,pois agora resulta que durante o 2012 e o 2013 este pensionista vai cobrar menos que no 2011,ao final tocaron as pensións...

Que Rajoy minte non e nada novo,creo todos nos acordamos da famosa frase dos “hilillos de plastilina” que saian do Prestige,resultado,Mariano presidente,pero o mais jodido disto e que xa non nos sorprende a ninguén que os políticos nos mintan.

Cando faleceu Fraga houbo quen encheu a boca con grandes palabras sobre a súa honradez,eu a estes diríalles que a honradez en un político e coma o valor do soldado na guerra “se le supone” pero claro en estes días de políticos corruptos parece normal valorar sobremaneira a súa honradez.

Voltando ao de antes ¿Por qué votamos a políticos que sabemos que nos minten? A resposta e fácil,aprendemos de pequenos que había que ser ou do PP ou do PSOE e aí andamos,como si fosen dous equipos de fútbol.

Ata hai pouco tempo so nos importaba que gañase o noso equipo,daba igual que xogara mellor ou peor,o importante era que gañara,todo iso mentres a nos íanos ben,tiñamos traballo,piso,vacacións,paro… e o noso equipo ganara ou non ganara polo menos hai andaba,cada certo tempo reforzabamos eses equipos dándolles o noso voto e a outra cousa.

Pero agora xa non hai traballo,embargan os pisos e o paro cada vez chega a menos,entón recordamos que hai uns políticos que nos dicían que todo ia de marabilla e que o da crise era en outro lado e votámonos outra vez a mirar para eles coa desconfianza do que mira ao yonki que sae da rehabilitación por 5º vez,haber si e desta,decimos para os nosos adentros,pero ao pouco dámonos conta de que desta tampouco vai ser,o político igual que o yonki,reincide na mentira o una omisión da verdade,que ven sendo o mesmo minando así a nosa confianza neles.

Esta crise e coma un timo a largo prazo,eu creo que levan uns 20 anos timándonos,entre banqueiros,empresarios e políticos montaron un negocio no que so eles saen beneficiados  e no que a clase baixa/media paga todos os pratos rotos,por que se non que alguén me explique como despois de non sei cantos rescates de millóns e millóns de euros aos bancos,estes seguen sen ter un can para prestar,os impostos soben para os mais pobres mentres os mais ricos seguen mantendo o nivel de vida,incluso o subiron,en algún sitio escoitei que as tendas de Madrid e Barcelona mais caras estaban cheas de xente todo o dia facendo que os caixeiros parezan bancarios pola velocidade e soltura contando billetes de 200.

A conclusión que chego con todo este rollo e que as cousas teñen que cambiar moito e somos nos,os de abaixo,quenes temos que facer por cambialas,aos que decides que a política non vos interesa tedes que darvos conta de algo,a política en si non ten que interesarvos e o que fan os políticos o que de verdade importa e o que están facendo en este momento non vale mais que para contentar a uns poucos,e mentres o resto pagámoslles os vicios.

jueves, 16 de febrero de 2012

¿e se non foi cousa do azar?

Como xa saberedes todos a paxina web do PP de Foz foi atacada polos hackers de ANONYMOUS a fin de semana pasada,colgando no lugar un dos videos mais soados dos últimos tempos e non so polo contido senon polo lugar,a web dun pobo de menos de 10 mil habitantes,recordarei para os que non o sepan que meses antes xa foran atacadas paxinas web coma a do FBI a SGAE ou Sony music entre outras moitas.
O video aquí o deixo .

¿De verdade foi unha casualidade que hackearan precisamente esta web?
Pareime esta maña a pensalo e vou contarvos a miña teoría,o PP gañou as ultimas eleccións municipais levando no seu programa electoral a construcción de un “utópico” gran porto deportivo que vai costar millons de euros.(si se fai,que o dubido)
Video do proxecto do porto de Foz.

¿Seria ese o leit motiv de ANONYMOUS para hackear a web do PP focense?
Xa se sabe que a mezcla de políticos e megaconstruccions urbanísticas que se fixeron nos últimos anos no noso país están baixo sospeita,despois de casos de corrupción como o do “velódromo do palma arena” ou despilfarros coma o da “cidade da cultura de Galicia”...a credibilidade esta polo chan.

Resulta que gran parte do video fala deso mesmo,corrupción e despilfarro que eu tamen creo que son os grandes males de esta crisis,ademais da avaricia de algúns.

Twiter,facebook,twenty,skype… todas estas aplicacions e moitas mais sirven para que poidamos interactuar con persoas de todo o mundo,desde a cidade mais grande ata o pobo mais pequeno e por iso mesmo me planteo eu a pregunta
¿E posible que algun compoñente de ANONYMOUS chegase a ver o video do megaporto e decidira atacar a web do pp?


Pois e posible,por que non,como dixen antes,ordenadores hainos en todos os sitios e hackers parece ser que tamen asi que politicos de todo o mundo,andadevos con ollo,que estades sendo vixiados pola sociedade e parece que non a tedes moi contenta...


Isto só e unha ocurrencia miña buscandolle unha explicación ao porqué do ataque á web mencionada,nada mais,pareceume un bo tema para iniciarme no mundo dos blogues ao cal levo tempo mirando con curiosidade,tentarei seguir escribindo coa asiduidade que a miña cabeza me permita.
Un saudo.