O galego,ese humán dócil e acomodado políticamente,ese espécimen que ten
como doctrina política aquelo de “mellor malo coñecido…”esa xente que protesta
nos bares e se manifesta nas rúas pero que moi rara vez se decide a facer
cambios nas urnas.
Politicamente acomodados,asi creo eu que nos ven desde Cataluña ou o País Vasco,comunidades que
envidiamos polo peso especifico que teñen no governo central, ganado sobre todo
a base dun bo traballo dos “partidos nacionalistas”,eses mesmos partidos que en
Galicia nos din que están dirixidos por “tolos independentistas” que só pensan na toleria da independencia e aos que lles
temos tanto medo cando ao que realmente lle hai que ter medo e ao novo
nacionalismo español que comeza por
“españolizar catalans” e xa veremos como remata…
Asi somos os galegos,loámos lemas ¡¡¡vivamos como galegossss!!! para despois
entregar o poder a partidos “nacionalistas españois” que só miran de gañar
eleccións e non de arranxar os problemas reais das persoas.
País donde triunfan mediocres políticos cabeza de turco tipo Rajoy ou Pepe
Blanco e deixamos de lado arietes intelectuais coma Beiras.
Din que estamos en tempos de gran desafección política,o cal non extraña a
ninguén vendo a lista de ladróns e corruptos de todas as cores políticas que
rondan España,ainda asi creo que queda xente honrada e con ganas de cambiar as
cousas,so necesitan que creamos neles e demostremos esas crenzas votando coa
conciencia do que quere cambiar algo,sen mirar as cores dos partidos e si o que
proponen,eu polo menos asi o farei,e podedes estar seguros de unha cousa o
modelo PPSOE está queimado,obsoleto,acabado,ese dualismo político ten que
rematar,polo ben do pobo.
Pd.-Entre un medico (P. Vazquez),un licenciado en xeografia e historia
(Jorquera),un abogado (Feijoo) ou un economista (Beiras) que queredes que vos
diga,contra a crise económica contrato economistas…
No hay comentarios:
Publicar un comentario