Despois de ver un amplo resume da xornada de debate sobre os presupostos
xerais do estado,a impresión que a min me dan e exactamente a mesma que antes
do cambio de goberno,o partido que esta no poder mantén a liña de suficiencia
que lle dan os 12 millóns de sufraxios das ultimas eleccións,gobernan con esa
altivez que dan as maiorías absolutas e que recordan a tempos de Aznares e
Zaplanas ,vense co dereito de tomar as medidas que queiran por que os votos asi o dixeron,o pobo deulles o poder para facer os cambios que consideren necesarios,ainda que non sexan xustos coa gran maioria.
E a historia de sempre,temos o que merecemos...
Mentres o principal partido na oposición fai os aspaventos que pode,pero
coa pouca confianza de quen non ten o apoio nin dos votantes nin dentro do seu
partido e moi dificil que teña éxito,sobre todo pola falta de credibilidade que
deixou nos votantes de esquerda cos seus movementos de veleta desde a
vicepresidencia do goberno ata a oposición pasando polo periodo electoral.Cada
critica ou proposta que fai ao goberno con razón ou sen ela so anima a que lle poidan
botar en cara os últimos 4 anos de desgoberno dos que efectivamente,en parte e
responsable.
Tamén teño a impresión de que ao PSOE agora mesmo non lle
interesa facer moito ruído xa que non hai eleccións ata o ano que ven que serán as
autonómicas galegas e as próximas xerais quedan moi lonxe.
Outra impresión que dan os PP/PSOE e a de estar sempre
en periodo electoral.
Escoitado en radio foz durante a emisión do pleno do concello,proposta do
BNG para que non entren nos recortes da Xunta de Galicia as probas do Celga que
ata o de ahora se facian por Europa e America.(A discusión deste tema entre
PP,PSOE e BNG,de pelicula de Cantinflas…)
¿De verdade pensan que estan entre as preocupacións da xente de un pequeño
pobo os exames do Celga no extranxeiro?
eu creo que non,pero esta so e outra
proba de que ata os politicos locais se atopan lonxe dos problemas reais da xente.
Resulta indignante ver o alonxados que están os políticos españois da
autentica realidade social pola que estamos pasando.
Cando empecei a escribir este artigo tiña a intención
de falar do lonxe que están os políticos do realmente importante.(Foiseme un pouco o tema)
Parece que non se queren enterar de que hai 5 millóns
de parados con verdadeiros problemas para chegar a fin de mes,que hai moita xente e moitas pequenas empresas
coa auga ata o pescozo e que coas medidas que están tomando dentro de pouco so
nos vai quedar respirar polo nariz por que a auga,a moitos,xa lles chega a boca.
Canta razón tes!!e o peor é que esto ainda non tocou fondo...
ResponderEliminarsaludos!!!